María López: “Ferrol salda unha débeda histórica coas nenas do franquismo”

María López: “Ferrol salda unha débeda histórica coas nenas do franquismo”

26 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Baixo o nome de “Agora sí”, o concello de Ferrol pon en marcha un proxecto pioneiro de recuperación académica das mulleres maiores de 60 anos. Unha iniciativa para resarcir a descompensación que en materia de educación sufriron as mulleres durante a dictadura franquista. Segundo explicou a edil de Benestar, María López, Ferrol foi unha das cidades máis castigadas en materia de xénero durante o franquismo que se reflicte nun alto grao

Este proxecto de “Recuperación académica. Memoria Histórica” pon enfase no nulo interese pola formación académica da poboación feminina durante a época franquista. A muller “debía” adicarse a traballos do fogar, á aprendizaxe da costura ou ao coidado dos fillos obviando as súas inquedanzas educativas. Poucas eran as mulleres que conseguían desenvolver unha carreira profesional  e as que apuntaban actitudes para o ensino non contaban co apoio para proxectalas.

“Coa Lei da Memoria Histórica, que traballa na recuperación das vítimas da dictadura, é o momento de compensar as carencias personais destas mulleres. Arrebatáronlles a liberdade de pensamento e a posesión dun sentido crítico da vida”, apuntou López. 

O programa diríxese a mulleres maiores de 60 anos que foron privadas do acceso á formación. Desenvolverase na Casa da Muller e constará de dúas clases semanais nas que se impartirán materias básicas. O prazo de inscrición está aberto ata chegar á cifra de 10 ou 15 persoas como máximo. 

Sociedade