María Manuela, pregoeira da XIII Semana da Musica

María Manuela, pregoeira da XIII Semana da Musica

06 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A semana que ven, a música enche de encanto o barrio de Recimil en Ferrol. O martes dia 9 de novembro comeza a XIII Semana da Música cunha pregoeira de excepción, a pintora e cantante María Manuela. Cantando e acompañada do seu fillo Xurxo Varela,abrirá os actos que ese primeiro dia contan tamén coa actuación da Banda de Musica do concello de Ferrol.

 O mércores tóca a Rondalla do Club de Campo dirixida por Manuel Couce Fraguela; a Coral Armonía de Miguel Brotóns e o Real Coro Toxos e Froles dirixido por Manuel Amorós.

A Semana da Musica sigue o xoves coa actuación de Añoranzas; a Coral do Casino Mugardés e a de Maiores de Caixa galicia. O venres péchase a semana coa Coral Virgen del Mar de Cediera, a do CPS de San Valentín e a Rondalla Bohemios. Todas as sesión comezarán ás 8 da atrde. Organiza esta décimo terceira edición a Asociación Cultural Juan Frade coa colaboración da asociación veciñal do Pilar, A asociación de mulleres e a Asociación Cultural Ánimas.

Sociedade