María Piensos: “A creatividade reside no cosmos”

María Piensos: “A creatividade reside no cosmos”

11 de Agosto, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

“A pintura creativa é un proceso, porque a creatividade reside no cosmos. As persoas somos como un canal, temos que deixar pasar á creatividade, e que se concrete, nun momento de trance. Plasmas o que sintes a través da pintura, baile, poesía, música,…”

Ese é o razonamento teórico da artista María Piensos, Os seus son cadros bós para a depresión. Coas cores fortes transmite emoción, alegría e gañas de vivir. Utiliza acrílicos, acuarela, témpera, ceras, tinta china e admira a Frida Kahlo e Luis Seoane. “Interésame o pop-art” afirma María Piensos, unha das pintoras que participa na exposición colectiva a favor da Cociña Económica da Coruña. Pódese visitar ata finais de agosto nos locais de ARGA, na rúa San Andrés 28 baixo da Coruña.

Sociedade