María Reimóndez: “Se Rosalía vivise na actualidade seguramente non sería aceptada na Academia”

María Reimóndez: “Se Rosalía vivise na actualidade seguramente non sería aceptada na Academia”

11 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Arestora son xa máis de 300 os apoios a “Xogando ás cadeiras”, o escrito presentado a pasada semana por medio cento de mulleres das nosas letras e co que reivindican unha maior presenza feminina na Real Academia Galega porque “é de xustiza”.Das 30 cadeiras no plenario da Rúa Tabernas da Coruña, só catro teñen ocupante feminina: trátase das de Xohana Torres, Margarita Ledo, Rosario Álvarez e Luz Pozo. Unha das promotoras d

Tanto o último académico en ingresar, Xosé Luís Regueira, que o fixo precisamente ocupando o posto deixado pola finada Olga Gallego, como o inmediato precedente, o tamén filólogo Henrique Monteagudo, coidan que a institución debe aspirar a unha maior presenza feminina. “Mesmo á paridade se se quere”, manifestou Monteagudo en Radiofusiòn. Porén, precisou que para chegar a ese obxectivo hai un “camiño lento”.
As explicacións dos académicos máis recentes non convencen a María Reimóndez, quen advirte que existe un “espellismo” que desacredita as explicacións que atribúen a pouca presenza feminina na Real Academia a un proceso histórico. A escritora lembra que os méritos das mulleres tiveron que loitar contra a “invisibilidade” e que por iso non se pode agardar a que se produza unha mudanza “por inercia”. As mulleres teñen que facerse coas cadeiras “provocando o cambio”, proclama.
Cultura