ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza o próximo mércores 23 de abril, Día Internacional do Libro, a presentación do último libro de María Xosé Queizán, O solpor da cupletista (Ed: Xerais, 2013), unha novela onde nos presenta a Carolina Otero, a célebre actriz e bailarina galega da Belle Époque francesa. Na presentación de O solpor da cupletista estará a autora, unha das máis rele
En O solpor da cupletista, María Xosé Queizán, focaliza o seu oficio narrativo nun momento final da vida da Bela Otero para presentarnos unha das mulleres saídas de Galicia cunha forza, unha beleza e unha intelixencia tan soberbia que logrou o protagonismo estelar no momento histórico da vida alegre. Recorrendo ao flash back, a autora condúcenos á infancia daquela nena, de extracción moi humilde, que desde ben nova comprendeu que, dada a súa condición miserable, lle arrebatarían sen pagar o seu corpo e a súa beleza, de tal xeito que ela mesma decidiu usalo no seu proveito, chegando a converterse nunha das artistas europeas máis famosas da época.
Cunha prosa directa, que sabe mostrarnos as debilidades e grandezas dunha personaxe real e da súa Belle Époque, Queizán constrúe un relato intenso e apaixonante. Abordando a vida da Bela Otero desde a perspectiva máis íntima e persoal, e eludindo conscientemente os sucesos máis sonados do seu éxito, O solpor da cupletista desvélanos o verdadeiro rostro da artista, rostro que inevitablemente nos remite a unha infancia que Carolina Otero esconxurou para esquecela. Á novela curta, a autora engádelle nesta edición un interesantísimo ensaio de investigación baixo o título de Carolina Otero, a liberdade arrogante que reconstrúe as paisaxes do seu periplo vital.