Mar e Ferro

Mar e Ferro
06 de Setembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Da colaboración entre Radio Fene, no seu trixésimo aniversario, e o CPS San Valentín xurdiu a iniciativa Mar e Ferro, para lembrar as orixes da parroquia e o estaleiro. Lembrámola nunha conversa coa técnica de Turismo do Concello de Fene, Estefanía Purriños que tamén nos contou como naceu e se desenvolveu o barrio de San Valentín.

ESCOITA O PODCAST:

San Valentín naceu para dar aloxamento a traballadores da antiga Astano. A cesión dos terreos,  64.000 metros cadrados, por parte do estaleiro produciuse o 1 de agosto do 67. Maximino Souto Balado presidía a Cooperativa de Vivendas San Valentín, Guillermo Fernández Dans era o secretario e José Acción Graña tesoureiro. Formalizábase logo o contrato coa Empresa Constructora Hidrocivil S.A., para a construción de 384 vivendas, que finalizaría a construción da primeira fase en setembro do ano 70. A segunda fase, 240 vivendas, comeza o 16 de novembro do 72, finalizando coa entrega das chaves o 20 de xullo do 75. Foron en total 16 bloques e 5 torres.

Foron 30 os artistas que participaron no proxecto Mar e Ferro pintando uns murais reivindicativos en alusión á situación do sector naval na ría, reflectindo escenas típicas doas estaleiros e con referencias ó seu pasado brillante. Entre eles, Ito Mosquera, Beatriz Seijo, Suso Basterrechea, Dulce Anca, Mónica Fernández, Ladislao da Regueira.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora