As Marabillas comeza e acaba o 8 de marzo de 2018

As Marabillas comeza e acaba o 8 de marzo de 2018
25 de Febreiro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Busca nos petos sen atopar nada.

Baleiros os do pantalón, tamén os do abrigo.

Nin sequera un pano de papel húmido, engurrado.

Na carteira apenas garda un euro, outra moeda de 20 céntimos.

ESCOITA O PODCAST:

Alicia non necesitará o diñeiro até o cambio de quenda, pero incomódalle esa sensación de non ter apenas.

Traballa nunha estación de tren, nunha das tendas de chucharías e bocadillos, a que está preto dos aseos.

Así adoita presentarse.

En Atocha pagaría comisión en todos os caixeiros, así que se baixa na parada de metro anterior para sacar nunha oficina do seu banco 20 euros que lle brinden algo de tranquilidade.

Cun único billete no peto, Alicia fíxase na glorieta case valeira, nos poucos coches e nos poucos peóns.

Quedan minutos para que aclare o ceo.

Así nos presenta Elena Medel a Alicia, unha das dúas protagonistas de As Marabillas, ópera prima que publicou en 2020 e que a converteu na primeira muller galardoada co premio Francisco Umbral a Libro do ano.

Nela, Medel cóntanos as historias de Alicia e María, dúas historias que poden parecer totalmente alleas a unha da outra, en época e en esencia,e que con todo están unidas polo cordón umbilical das consecuencias dos nosos actos e do contexto histórico que nos toca vivir.

As Marabillas comeza e acaba o 8 de marzo de 2018, unha xornada histórica na que miles de persoas saíron á rúa para reivindicar a igualdade de xénero e o fin da violencia contra as mulleres. Entre inicio e final, Medel trasládanos dando saltos temporais para falarnos de dúas xeracións marcadas pola precariedade económica e pola desigualdade que aínda vivimos entre homes e mulleres.

Neste capítulo de “De puño y letra” a escritora Elena Medel preséntanos “As Marabillas”. "De puño y letra" é un espazo sobre literatura da muller, producido por RTV Cardedeu e emitido tamén por Emisoras Municipais Galegas.

Cultura

Publica o teu comentario agora