ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Mesa calificou de "perfecta" a primeira parte do encontro. Mentres o xogo mellora, o estado anímico do equipo e do adestrador están polo chan. Virálles ben a desconexión para volver novos diante do Cambre.
Carral 3- Maniños 1
Pablo Mesa felicitou ao Carral polo trunfo. Pero tamén aos seus propios xogadores pola primeira parte do encontro que calificou de “maravillosa e perfecta”. Na primeira chegada marcaron e medráronse moito. Nun erro do Maniños, chegou o empate pero aínda non se arredou o Maniños e seguiu intentándoo en seis ocasións moi claras. Na segunda parte, un gol do Carral na escuadra foi un pau moi forte, sobre todo anímico. Aí está precisamente o mal do Maniños. O xogo vai moito mellor pero o estado anímico de xogadadores e do propio técnico, tal e como recoñeceu Pablo Mesa, está polo chan. Por iso considera o técnico Pablo Mesa que lles virá moi ben a todos desconectar esta semana de descanso para volver recuperados para o choque contra o Cambre. “Este é un dos partidos que temos que gañar na casa” afirma Mesa.
Publica o teu comentario agora