A marcha dos “defraugrados”

A marcha dos “defraugrados”
08 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Unha peregrinación a Compostela naceu por culpa dun paso atrás. Ese paso produciuse cando en 2012 unha sentenza do Tribunal Supremo devolveu os estudos técnicos superiores á categoría de titulacións “equiparables” a graos universitarios. Isto fixo que varias promocións de estudantes que se matricularon na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia co propósito de contar cun título

Tras varios meses de reinvidicacións, especialmente intensas nas últimas semanas, hoxe dan un paso adiante. O dunha andaina que en tres etapas, partindo de Pontevedra, os vai levar a Santiago onde o venres queren forzar unha xuntanza co conselleiro de Educación para que acceda a exercer a competencia autonómica de devolver os estudos técnicos superiores a condición de universitarios.

Sociedade