ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O atleta Manuel Polo logrou baixar dos 55 minutos (o que supón mínima para o nacional máster de Ourense), logrando unha medalla de ouro na categoría M45 e un meritorio oitavo posto na clasificación absoluta. Pedro Abeledo conseguiu facerse coa medalla de ouro na categoría M55 e terminar no 10º posto na xeral. Daniel Abeledo non puido terminar a proba por lesión. Éxitos do Club Atletismo Narón no Campionato Galego de Marcha en ruta, celebrado o pasado sábado na Pobra do Caramiñal.
O pasado fin de semana tiveron lugar dous dos campionatos autonómicos individuais máis importantes da tempada invernal de atletismo.
Por unha banda disputábase o domingo en Ourense o Campionato Galego Absoluto e Sub 23 de Pista Cuberta, con 11 competidores do Club Atletismo Narón. Dez medallas foron conseguidas polos atletas naroneses e moitas grandes actuacións. No apartado absoluto, Javier García conseguía unha prata en 200 metros (rozando a marca mínima para o nacional absoluto) e un bronce nos 60 metros (facendo marca persoal). David de la Fuente lograba unha medalla de prata en 800 metros e un bronce en 1500. Demba Sanyang conseguía un meritorio bronce, pese á súa mocidade, con mellor marca persoal e mínima para o nacional sub20 que se disputará a principios de marzo en Madrid (bateu a súa mellor marca persoal nos 200 e tamén conseguiu a mínima para o nacional da súa categoría). A última medalla no apartado absoluto foi para Alex Romeu na proba de salto de altura, conseguindo a súa mellor marca persoal. Pola parte do autonómico sub23, o mesmo David de la Fuente conseguía dous ouros nos 800 e 1500, Yeray Gómez conseguía a prata en 400 metros con marca persoal incluída e Samuel García facíase coa prata tamén nos 800. Tamén participaron Alex Jimenez (200 metros), Pablo Vicente (3000 metros), Martín Liste (lanzamento de peso), Carlos Montero (salto con pértiga) e Evelyn Fernández (lanzamento de peso), conseguindo todos eles grandes actuacións e postos de finalista. Foron baixa de última hora por problemas físicos Pablo Bocelo e Eva Castro.
Publica o teu comentario agora