ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Minutos despois das 10 desta mañán saíron unhas 70 persoas das Pontes na marcha contra o Decreto do Carbón. O noso compañeiro de Radio Eume, da radio municipal das Pontes, Xosé Montero, camiñou boa parte da mañán con eles e contounos, dende a estrada, como discurría esta primeira etapa que concluirá contra as 4 da tarde no cruce de Lavandeira.
A xente que saíu na marcha das Pontes, aparte dos directamente afectados, quere amosar a sua solidaridade, conscientes de que o problema é de todos, afectaría á economía da localidade e de toda a bisbarra, segundo precisa, Xosé Montero. Entre os camiñantes está o propio alcalde das Pontes, Valentín Formoso, e o representante dos traballadores, mario Bouza. Unhas 50 persoas participantes son transportistas.
A segunda etapa da marcha, mañán xoves, levará aos participantes ata Miño. Todos camiñan ataviados co casco e un chaleque reflectante.
As Pontes e Cerceda manifestaranse o sábado 16 perante a Delegación do Goberno en Galicia, na cidade da Coruña, reclamando compensacións polos efectos que o decreto do carbón terá na economía das comarcas que lle dan abeiro ás centrais de Endesa nas Pontes e de Gas Natural Fenosa en Meirama