Marcha nórdica pola cidade

A cidade de Ferrol acollerá ata fín de ano marchas semanais
07 de Outubro, 2020 - 09:27 h. | Publicada por Radio Fene

Marcha nórdica en percorridos urbanos de unha hora de duración. Iso oferta o Club de Montaña Ferrol, Kapitrek e o concello de Ferrol.

O Club de Montaña Ferrol reactiva a práctica da marcha nórdica coa colaboración da empresa Kapitrek e o Concello de Ferrol. A frecuencia será unha vez á semana en sesións de 1 hora, en principio ata fín de ano. Todos os xoves ofrécese a posibilidade de percorridos urbanos e tentar configurar un grupo estable para desenvolver marchas máis longas con carácter máis deportivo no extrarradio. As sesións serán dunha hora de duración. A organización disporá de 10 pares de bastóns. Os primeiros minutos será de explicación desta especialidade. En todo momento teráse en conta o protocolo Covid19 vixente para a práctica deportiva e será tamén imprescindible apuntarse, como moi tarde, o mércores anterior no teléfono 660222178 ou na sede do club, rúa Coruña 103, 1ºD. Outubro ás 20horas. Lugares de saída: Día 8: AAVV A Cabana Dia 15: Conservatorio de Caranza Día 22: Xardín da ranita (porto de Ferrol) Día 29: Aparcamento de lidl. Novembro, ás 20horas. DIA 5: AAVV A Cabana Dia 12: Conservatorio de Caranza Día 19: Xardín dá ranita (porto de Ferrol) Día 26: Aparcamento de Lidl.

 

(Na imaxe, marcha por Cedeira. Setembro 2019)

Deportes

Publica o teu comentario agora