Marcha unha boa muller

Marcha unha boa muller
09 de Febreiro, 2024 - 11:27 h. | Publicada por Radio Fene

Morreu a señora Marina do Balado en Sillobre. O seu sepelio terá lugar ás cinco desta tarde no cemiterio de Sillobre. Funeral a continuación na igrexa da parroquia. Contaba con cen anos.Hai catro anos en Radio Fene lembraba que o dia do seu nacemento a súa nai fora á feira do vinteún a Cabanas a vender queixos. A media feira tivo que virse para a casa porque lle apretaban as dores do parto. Non lle deu tempo a chegar a Sillobre e pariu entre o Rego da Moa e as curvas de Santa Ana, segundo lembraba Marina Seco en Radio Fene.  Hai catro anos dicía: "Non teño presa por marchar".

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Marina Seco en Radio Fene cando cumpriu 97 anos: http://173.255.131.18/audio/210520SECO.mp3

Marina Seco cando cumpriu 97 anos

Marina Seco Padín, a señora Marina do Balado. Deixa en Sillobre a lembranza dunha moi boa persoa.
 

Seguro que che interesa
Sociedade

Publica o teu comentario agora