Marcos Calveiro: “No escudo de Galicia, máis que o copón coa hostia enriba, tería que estar o mapa de Fontán”

Marcos Calveiro: “No escudo de Galicia, máis que o copón coa hostia enriba, tería que estar o mapa de Fontán”

27 de Decembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

“Que ninguén se esqueza de que Fontán está no Panteón de Galegos Ilustres”, advirte Marcos Calveiro para lembrar a estatura que Domingo Fontán posúe na historia do país. “Practicamente levo 30 anos detrás da súa sombra e da realización do seu mapa”, explica o escritor vigués verbo dunha fascinación que naceu coa lectura das páx

Aproveitando as viaxes que fixo por moitas escolas para divulgar as súas obras de literatura infantil, Marcos Calveiro seguiu as pegadas do científico: “Cada vez que tiña preto un punto xeodésico dos marcados no mapa, achegábame a tentar ver o que el vira había tanto tempo”. Estivo tamén na súa casa natal en Porta do Conde, no concello de Portas, ou na fábrica de papel que Fontán tivo en Lousame. “Foi unha pequena viaxe para min a realización do libro”, explica, mais cunha diferenza fundamental respecto ao protagonista da súa obra: “Eu xa ía en coche, non pasei 17 anos nun burro percorrendo Galicia”, chancea.

Tras consultar moitos documentos para afianzar un libro no que a ficción completa as etapas menos coñecidas do intelectual, especialmente a infancia, Calveiro salienta dous aspectos fundamentais de Domingo Fontán: como proba o famoso mapa, “era un home moi teimudo”, mais tamén “é o protonacionalista: antepuxo Galicia ante calquera outro tipo de interese persoal, económico ou profesional”. Para a xente da Xeración Nós e os que os seguiron, “o mapa de Fontán era un símbolo de Galicia”, polo que Marcos Calveiro opina que “no escudo de Galicia, máis que ese cáliz, o copón e a hostia enriba, debería estar unha reprodución en pequeno da Carta Xeométrica de Fontán”.

Cultura