Marcos Mella, pregoeiro no San Xoán de Esmelle

Marcos Mella, pregoeiro no San Xoán de Esmelle

17 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

Os días 23, 24 e 25 de xuño, a parroquia de Esmelle - Ferrol- celebra as Festas de San Xoán. Comezan o luns 23 ao mediodia cun pregón a cargo do cantautor ferrolán  Marcos Mella e sesión vermout a cargo do Grupo d'moda. Xa pola noite encendán a tradicional luminaria de San Xoán. O 24 haberá percorrido dos Gaiteiros de Berros do Castro, misa con procesión e sesión vermú e verbena co grupo Triunfo e o monologista

Nin os máis vellos do lugar lembran que algún ano quedara sin facer a festa patronal, quizais nos anos da Guerra Civil ocorrera, pero non se sabe con certeza. O segredo desta lonxevidade continuada na celebración do patrón débese principalmente o espíritu colaborador que tivo e ten a parroquia de Esmelle. Mostra disto é o Local Social ou o Proxecto Esmelle, símbolos da colaboración e boa veciñanza. Tamén o é a festa, xa que os "funcionarios ou ramistas" que así se chamaba antes os que ían pedir polas casas, son ben recibidos polos veciños que aportan máis do que poden.

A partir dos anos 80 é a asociación de veciños "Valle" a que se fai cargo da organización das festas. Tamén respetando os costumes da maioria, como que a festa se celebre os "días verdadeiros" 23,24 e 25, anque cadren polo medio da semana.
Ademáis dende o ano pasado tratan recuperar unha vella tradición: "Adornar as casas o día 24 de xuño".

No libro "Herdanzas dos nosos maiores" recollese a tradición oral de Esmelle que dí o seguinte:

“..Na festa, o día antes de San Xoán facíase a luminaria, adornábanse as eiras con espadana, con flores de San Xoán, póñanse ramos nas véntanas, na porta- E despois, esa noite de San Xoán facíase a luminaria cada un na súa casa ou cos veciños no medio do camiño, alí se facía”. “ Poñiamos espadana nos tellados, enriba das portas, e por onde se pasaba. Póñase herba revellida, “Adornese, póñase espadana polo chan diante da casa, póñase a Reina Luísa polos tellados, amarrada, e romeu, malva de olor. E collían unha tina con auga e botábase herba de San Xoán, reina Luísa e romeu para lavarse ó outro día pola mañá. Deixábase fora.” Por iso, dende o ano pasado fan o Concurso de rueiros co fin de recuperar esta bonita tradición.

Sociedade