Mardones: a luminosidade é o mellor de Campo Baeza

Mardones: a luminosidade é o mellor de Campo Baeza

29 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Architettura sine luce, nulla architettura est. Admiración polo arquitecto Alberto Campo Baeza, iso sinte o seu colega chileno, Gonzálo Mardones Viviani, que esta mañán visitou a casa do concello de Fene (A Coruña) coa delegación da municipalidade chilena de Vitacura, convidados pola empresa COPASA

A delegación de Vitacura está a visitar diferentes edificios municipais da provincia da Coruña. Movidos pola curiosidade da obra que nos anos 80 executou en Fene Campo Baeza, achegáronse a Fene. Ao ver a casa consistorial, o arquitecto chileno, Mardones Viviani, destacou do edificio a sua a  luminosidade e a pureza que desprende. 

Campo Baeza recibiu hai uns anos o premio do Colexio de Arquitectos de Galicia polo edificio fenés, recibiu galardóns por todo o mundo e ven de recibir o "Nobel da Arquitectura", segundo o seu colega chileno, grande admirador da sua obra. Non hai máis que ver as realizadas en Chile por Gonzálo Mardones para darse conta da admiración que sinte polo de Valladolid.

Sociedade