A marea de dignidade chega á costa mediterránea de Barcelona

A marea de dignidade chega á costa mediterránea de Barcelona

28 de Novembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por

A Plataforma Nunca Máis Catalunya organiza, xunto coa Asemblea Cultural Galega de Barcelona, unha serie de actividades co gallo do décimo aniversario da traxedia do Prestige. Os actos terán lugar o vindeiro sábado, 1 de decembro, e repartiranse entre o Ateneu Roig (Gràcia) e máis o Ateneu 9 Barris (Trinitat Nova). Entre eles figurará unha das réplicas do désConcerto Expansivo, o sismo musical que o colectivo A Burla por toda Galicia e tam&eacute

A xornada de Nunca Máis en Barcelona principiará ás 12.00 horas. No Ateneu Roig de Gràcia farase a presentación da exposición do pintor Anxo Baranga 10 anos no país de Nunca Máis a cargo da compañía de teatro Furafollas e máis a proxección de Deu anys després, un traballo audiovisual no que se recollen textos do colectivo Nunca Máis Catalunya.

Ás 12.30 realizarase o pase do documental Marea Blanca da directora Isabel Coixet, unha homenaxe aos voluntarios e voluntarias que participaron nas tarefas de limpeza do chapapote nas costas galegas.

Xa pola tarde, a partires das 18.00 horas, terá lugar a exhibición da montaxe audiovisual A plataforma Nunca Máis de Catalunya. Organización e loita pola defensa do país e máis a mesa redonda 10 anys del Prestige na que participarán Joan Zamora, director da Mariña Civil, xornalista, avogado, representante da Generalitat na Comisión de Investigación de Accidentes Marítimos e autor do libro Prestige de l’accident a la tragèdia; Joan Codina, director do documental Prestige, el viaje a ninguna parte; un representante de Ecologistas en Acción e máis Vítor Cabral, de Nunca Máis Catalunya.

Ás 20.00 horas producirase o acto simbólico de entrega á faculdade de Historia da Universitat de Barcelona do material bibliográfico da plataforma Nunca Máis Catalunya. As actividades promovidas por Nunca Máis e a Asociación Cultural Galega de Barcelona concluirán co désConcerto Expansivo.

Sociedade