A marea madridista chega a Perlío

A marea madridista chega a Perlío
24 de Agosto, 2022 - 09:04 h. | Publicada por Radio Fene

A marea madridista chega a Perlío. Un grupo de seareiros do Real Madrid vén de crear unha peña en Perlío, a primeira existente no concello de Fene, que está a dar os primeiros pasos e ten previsto presentarse oficialmente no outono.

ESCOITA O PODCAST:
Marea madridista en Perlío

O sentimento madridista deste grupo de afeccionados do Real Madrid vén de lonxe. Pasaron arredor de 5 anos desde que comezaron a xuntarse, primeiro no Cuarto Camiño e máis adiante na Cervexería Tarabela. Alí, ademais de ver os partidos do seu equipo formaron un grupo de whatsapp, no que atopamos o antecedente da peña. O seu presidente, Daniel González Calvo, "Monty" informou en Radio Fene da marcha dos trámites para a formación da peña e deu fe do rexurdimento que está a vivir o madridismo en Ferrolterra. A peña xa ten case 70 socios e veñen de poñer á venda a súa propia lotaría de Nadal, que se pode adquirir na Cervexería Tarabela.  Unha vez superado o mínimo marcado pola entidade merengue, de 50 socios, a mediados de setembro enviarán todas as inscricións ao clube para ser recoñecidos oficialmente. E pensan facer a súa presentación oficial nunha cea á que asistirá un representante do Real Madrid. Será en novembro, no restaurante Mundial. Lembrarán a Joaquín Pérez, xove de Fene que defendeu a camisola do Real Madrid nos comezos do século XX.
 

Deportes

Publica o teu comentario agora