Margarita Ledo gaña o premio Ramón Piñeiro Facer país

Margarita Ledo gaña o premio Ramón Piñeiro Facer país

21 de Outubro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A profesora, xornalista e directora de cine é unha das figuras clave para entender o feminismo e a emigración en Galicia. O xurado destacou de Margarita Ledo Andión “o seu constante compromiso coa nación na súa creadora actividade profesional como xornalista, escritora, docente e cineasta”. No repaso da súa obra (da creativa, literaria e cinematográfica, da laboral, xornalística e académica, da actividade política e cultural

Cualifican á académica de “partícipe fundamental no activo proceso de dignificación e renovación dos valores propios da Cultura galega, con especial atención á presenza da lingua nos novos medios de comunicación”.

Así mesmo, o xurado destaca da premiada o seu compromiso coa emigración e na defensa dos valores da liberdade e a democracia, e o seu labor para tender pontes de comunicación co mundo da lusofonía e a favor da “dignificación” das mulleres.

O Premio Ramón Piñeiro Facer País convócao a Asociación Cultural Val de Láncara coa colaboración de diferentes colectivos culturais da comarca que comprende os municipios lucenses de Sarria e O Corgo.

O primeiro premiado con este galardón foi o intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo no ano 2002, e en sucesivas convocatorias tamén recibiron o galardón, entre outros, o actor Luís Tosar, o grupo Milladoiro, o político Xosé Manuel Beiras, a Real Academia Galega ou A Mesa pola Normalización Lingüística, entre outras persoas e entidades.

Sociedade