Margarita Ledo rende homenaxe ao seu amigo

Margarita Ledo rende homenaxe ao seu amigo

25 de Febreiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Nós Produtora Cinematográfica Galega presenta este hoxe xoves na Libraría Numax de Compostela ás 20:30 horas o primeiro  libro-DVD adicado a Manuel María, dirixido por Margarita Ledo Andión. “Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra” divídese nun libro colectivo e un documental sobre a vida do escritor, a través da

O libro contén textos de Miguel Anxo Fernán Vello, Paulino Pereiro, Carme Vidal, Darío Xohán Cabana e tamén da propia Ledo, cineasta e académica da Real Academia Galega. O documental, en formato DVD, de 30 minutos de duración, fai unha homenaxe a Manuel maría, á súa contorna máis próxima, á súa extensa obra e ao seu activismo político.

A presentación do proxecto desenvólvese no espazo cinematográfico e libraría Numax, firma que é tamén a responsable do deseño gráfico do produto que estará á venda en librarías especializadas, nas tendas Rei Zentolo e na web de Nós. A esta presentación seguiránlle outras no resto de cidades e vilas galegas.

Cultura