ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Dous mariñeiros, militares da Armada, "desapareceron" o vinteun de agosto de mil novecentos trinta e seis no cemiterio de Laraxe (Cabanas A Coruña). Pelexaran pola liberdade e foran fideis ao réxime democrático establecido e ao goberno saido das urnas. Prestaban servizo na Marina e despois de sofrir prisión na Escollera atoparon a morte no muro dun camposanto. As súas familias sofriron o tráxico suceso por partida doble.
Ricardo Echevarría Pérez contaba con vintedous anos. Era cabo primeiro da Armada. Acusáronno de intentar asaltar o Pazo de Barallobre, pero él non estivera alí, segundo lle confesou á súa muller Carmen Iglesias, pouco antes de morrer. O sepultureiro de Laraxe ensinoulle onde o enterraran pero confesoulle que non podía declarar nada, xa que poñia en risco á súa vida.
A viuva de Ricardo Echevarria Pérez atopouse con moitos problemas dado que ninguén lle certificou a súa morte. Xunto con Ricardo, mataron a Salvador Cervera, tamén cabo da Armada de vintesete anos, casado en Barallobre con Consuelo Casal. Salvador encabezara a comezos de mil novecentos trinta e seis unha protesta dos mariñeiros polo mal estado da comida. Fora sancionado, recurreu o seu caso e o trece de xullo o Ministerio de Defensa publicou a orde da reincorporación con plenos dereitos ao seu posto no acorazado Jaime I. Poucos dias durou a súa incorporación, posto que ás poucas semanas foi detido, despois do golpe de estado de 1936. Sen xuizo previo, avogado defensor nen posibilidade de defensa, atopou a morte xunto con Echevarria no cemiterio de Laraxe en Cabanas.