Maria Pujalte e Yolanda Castaño coas Meninas

Maria Pujalte e Yolanda Castaño coas Meninas

06 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A actriz María Pujalte -protagonista da exitosa serie de TVE Los misterios de Laura- achegouse onte ao barrio de Canido en Ferrol para respaldar coa súa presencia a iniciativa "As Meninas voltan a Canido" proposta reivindicativa dun barrio sostible. Tamén a escritora Yolanda Castaño participou na xornada.

Os músicos Uxía Senlle e Magín Blanco foron outros dos persoeiros que se achegaron no dia de onte para apoiar a idea de Eduardo Hermida. A danza, a fotografia, a música e as curtametraxes complementaron un dia de vida para Canido.

Sociedade