Maria Torres: A xuventude non quere políticas de tutela

Maria Torres: A xuventude non quere políticas de tutela

12 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A nova dirección das Xuventudes Socialistas de Galicia reclama das administracións e dos partidos políticos actitudes positivas de cara á mocidade. A organización aspira a convertirse na voz da xuventude e censura o que califica como políticas de tutela.

O XIII Congreso das Xuventudes Socialistas de Galicia, celebrado a pasada fin de semana en Fene elexiu como secretaria xeral a Maria Torres, de Carballo, licenciada en Dereito e de 25 anos de idade.


Sociedade