Mario Benedetti: Os galegos adaptáronse moi ben no Uruguay

Mario Benedetti: Os galegos adaptáronse moi ben no Uruguay

18 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

"Os galegos adaptáronse tanto á vida uruguaia que reproducían moitos rasgos da sociedade do pais, había a emigración republicana e a económica, e funcionaba o Centro Gallego e máis a Casa de Galicia" afirmou Mario Benedetti no transcurso da súa visita a Ferrol en 1985. O escritor uruguaio atribuía o éxito da novela hispanoamericana a que "segue a contar, a narrar", aspecto un tanto descuidado pola literatura europea

Mario Benedetti faleceu a pasada noite na súa casa aos 88 anos de idade e logo dunha longa enfermidade. Logrou transcendencia internacional coa novela La tregua . Morreu aos 88 anos logo dunha longa enfermidade. Xunto a Onetti e Galeano foi un dos principais escritores. E era o máis querido.Cos seus Montevideanos y otros cuentos, quedou gravado na literatura dos uruguayos.  Benedetti tamén foi un recoñecido xornalista de varios medios, como o lendario semanario "Marcha", e tamén doutros xornais como El Diario.

Tivo actividade política no Frente Amplio, coalición de esquerda que naceu en 1971 e chegou ao goberno en 2005. Benedetti foi a cara visible do "Movemento 26 de Marzo", que se convertiu no aparello político do grupo guerrilleiro Movemento de Liberación Nacional-Tupamaros (MLN-T).

Benedetti nacera o 14 de setiembre de 1920 en Paso de los Toros, Uruguay. Aos seis anos pasou a residir en Montevideo xunto á súa familia.

Entre 1938 e 1941 residiu en Bos Aires. Ao seu regreso integrou a redacción do semanario Marcha. Coa súa novela La tregua (1960) adquiriu sona internacional. A partir de 1973, exiliado, viviu en Arxentina, Perú, Cuba e España. A súa extensa produción literaria de máis de oitenta títulos abarca todos os xéneros. Logo de La tregua , o seu libro máis vendido foi Gracias por el fuego. Era un dos escritores latinoamericanos máis lidos das últimas décadas.

Cultura