Mario Cea e Santi Tamariz de mini xira por Galicia

Mario Cea e Santi Tamariz de mini xira por Galicia

04 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

Acompañaron as xiras de Tequila, La Unión, Malú e un longo etcétera. Posuen un amplo curriculum dentro da música rock. Sant Tamariz e Mario Cea achéganse a Monforte de Lemos e ofrecerán un concerto acústico o sábado dia 11 de abril, no Pub 600.

Pecharán así unha auténtica Semana Santa de Paixón, 
cunha minixira por terras de Ourense e do sul de Lugo. Escenificarán a súa paixón
pola música rock and roll no Carballiño, Castro Caldelas e Monforte. O horario dos concertos
é o seguinte: 
 
Sábado 11 abril. 01:00 h. noite.
Pub 600. Monforte de Lemos. Lugo.
Entrada libre ata completar aforo.

Venres 10 de abril. 01:00 h. noite.
Café Pub El Rubio. Castro Caldelas. Ourense.
Entrada libre ata completar aforo.

Xoves 9 de abril. 12:30 h. noite.
Jazz Min. Carballiño. Ourense.
Entrada 6 euros.

Sociedade