As mariscadoras contra a retirada das axudas de subsistencia

As mariscadoras contra a retirada das axudas de subsistencia

09 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A Asociación galega de Mariscadoras/es (Agamar) anuncia mobilizaciones para protestar pola eliminación das axudas de subsistencia que, ata hai uns meses, se lles concedera ao colectivo de mariscadoras/es que non tiñan cotizado os anos suficientes para cobrar unha pensión. Comezan esta tarde cunha concentración, ás 16:30, diante do Parlamento de Galicia onde se presentará una moción parlamentaria sobre estas axudas.

Nun comunicado Agamar, reitera a súa solictude “de maneira rotunda” para que a Consellería do Mar “abandone de inmediato a política de intolerancia, demagoxia  e discriminación que practica contra as mariscadoras”. Ademais laiánse que xa pasaran dous meses desde que se suprimisen estas axudas de subsistencia ás maiores de 65 anos sen aportar, ata o momento, “a máis mínima solución” para que estas traballadoras volvan a cobrar esta prestación.

Ademais da concentración desta tarde en Santiago de Compostela, Agamar  realizará outros actos de protesta nas localidades onde vivan  afectadas, así como dirixirse aos concellos destas localidades para solicitar o seu apoio. Tamén se laia que a Federación de Confrarías de Galicia aínda non se pronunciara sobre este asunto.

Sociedade