As mariscadoras de Barallobre aceptan as condicións da Consellería do Mar

As mariscadoras de Barallobre aceptan as condicións da Consellería do Mar

11 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Xunta e as confrarías da ría de Ferrol teñen resolto xa definitivamente o acordo para as tarefas alternativas á extracción de ameixa babosa debida aos vetos das zonas C. Nunha reunión celebrada onte, as mariscadoras de Barallobre, as únicas da zona que aínda non tiñan alcanzado un acordo, aceptaron as condicións da Consellería do Mar. Percibirán 72 euros por xornada de traballo, dez euros menos que en 2010, pero poder&aacu

Trátase dun acordo que non é de todo satisfactorio pero que decidiron aceptar dada a situación económica actual, segundo contou o vicepatrón da confraría, Manuel Bañobre. Non obstante, as mariscadoras afirman que tralo primeiro trimestre volverán a negociar as condicións agardando, por un lado, mellorar as prestacións económicas, e por outro, que se poida estudar a redución das zonas C na ría de Ferrol, unha das máis afectadas por esas zonas nas que, dada acontaminación das augas, non se pode extrer ameixa.

Sociedade