ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Martín Barreiro Durán, do Club Atletismo Narón, logrou a primeira posición na carreira San Silvestre celebrada en Fene este sábado 27 de decembro de 2025. Na categoria feminina gañou Bibiana García Boutureira de Ferrol. As segundas e terceiras posicións foron para Breogán Villanueva, Fernando Pérez, Rebeca Soto e Inés Santiago.

A saida e a meta situaronse na avenida do Mar de San Valentín. Houbo categorias biberón, pintufo, Sub 8, Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16, Sub 18 e andaina para todas as idades. A distancia máxima foi de 5 quilómetros e a mínima de 50 metros. A andaina levouse a cabo cun traxecto de 2,5 quilómetros. Na carreira absoluta participaron 249 persoas e 139 na andaina.
Imaxe: Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora