Maruja Cagallón e Cabeza Hinchada

Maruja Cagallón e Cabeza Hinchada
21 de Xuño, 2022 - 12:55 h. | Publicada por Radio Fene

 A primeira pedra da factoría de PYSBE en Ferrol colocouse en marzo de 1940. Abreu as portas cinco anos máis tarde, empregando a perto de trescentas mulleres. Os secadeiros de bacallao empregaban man de obra feminina polo carácter discontinuo da ocupación e porque era máis barata.Maruja Cagallón, Cabeza Hinchada, Peruco e Cabecita de Ajo eran alguns dos motes dos encargados da factoría que se encargaban de manter unhas condicións de traballo que rozaban o escravismo. 

ESCOITA O PODCAST:

Emilio Romero, da comisión organizadora das xornadas Ventos de bacallau. Pysbe. De Ferrol a Terranova.

http://173.255.131.18/audio/210622ROMERO.mp3

A bordo dun bacalladeiro. Fotografía Untzi Museoa. Donostia

A cociña do bacallao protagonizará as xornadas sobre a PYSBE esta fin de semana no porto de Ferrol. O cociñeiro do Camiño do Inglés Dani López ofrecerá unha degustación de cociña en directo e ofrecerá pinchos delicatessen o sábado desde as sete da tarde. O domingo haberá xantar de lombos de bacallao e bacallao estilo PYSBE. Con duas quendas á unha do mediodia e as duas e media da tarde.

Sociedade

Publica o teu comentario agora