Masaxes para os maiores de Melide

Masaxes para os maiores de Melide

08 de Xaneiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O Concello de Melide pon en marcha diferentes actividades de saúde e lecer para os maiores. A iniciativa pretende inculcar hábitos de vida saudábles e satisfacer as demandas de lecer dun sector da poboación, segundo a concelleira de Benestar e Igualdade Casé Rodríguez.

As persoas interesadas deberán inscribirse no Centro de Servizos Sociais de Melide. A oferta inclue sesións de masaxes, acupuntura e un circuito termal no Balneario de Pambre (Palas de Rei). As actividades teñen carácter gratuito.

A concelleira de Benestar e Igualdade, Casé Rodríguez, avanzou que dende xaneiro a marzo se desenvolverán sesións de masaxes, acupuntura e un circuíto termal para os maiores de Melide. Todas as actividades serán gratuítas, ainda que é preciso inscribirse no Centro de Servizos Sociais de Melide.

O circuíto termal, tamén dirixido a socios do Centro Social, realizarase entre o 20 de xaneiro e finais de marzo, todos os martes e xoves. Para esta actividade poderán inscribirse un total de 40 persoas, que participarán no circuíto en dúas quendas de 20 cada unha, aínda que antes deberán tamén formalizar a súa inscrición no Centro Social.

Sociedade