ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Mellorou moito o coidado das mascotas en Fene. Asegurouno no espazo Radio Animal unha especialista, Yovana Alonso, que desde hai case sete anos ten a tenda e servizo de perruquería canina Yovi, na rúa da Fraga de Fene.
“Cando abrín había moitos cans que viñan infestados de pulgas e carrachas ou con problemas dermatolóxicos. Agora é raro o can que apareza con pulgas, e o dono soe poñerlle remedio no momento”, asegura. No seu negocio ofrecen os servizos necesarios para coidar a hixiene dos cans. Iso si hai que pedir cita. Teñen lista de agarda que acostuma ser de dúas semanas. “O corte de unllas ou a limpeza de oídos son cousas que algunha xente non sabe ou non se atreve a facer porque ten medo facerlle dano ao animal”, son algúns dos servizos que ofrecen. Dispoñen tamén a posibilidade do auto lavado e na tenda teñen produtos de alimentación, complementos e xoguetes.
Publica o teu comentario agora