Mascotas na estrada

Mascotas na estrada
09 de Agosto, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Como viaxar en coche coas mascotas de xeito seguro para reducir ao máximo o risco de accidentes ou minimizar as súas consecuencias? 

A seguridade dos animais de compañía no coche é clave para previr accidentes de tráfico. Conversamos coa veterinaria Noemi Graña. Detalla normas e consellos fundamentais para transportar cans e gatos de forma correcta e legal.

O obxectivo principal: evitar distraccións

ESCOITA O PODCAST:

Preme aqui para escoitar a conversa coa veterinaria Noemí Graña:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/070826GRANA.mp3

A normativa de tráfico é moi clara: 

os animais nunca deben poder invadir o habitáculo da persoa que vai ao volante. 





 

Baixo ningunha circunstancia poden viaxar soltos polo coche, xa que supón un perigo tanto para eles como para a seguridade vial.

Como debemos suxeitar os cans e gatos?

Dependendo do tamaño e da especie da mascota, existen diferentes opcións de transporte:

 

Gatos: Deben viaxar sempre dentro dun transportín.

Cans pequenos: A mellor opción é levalos tamén nun transportin.

Cans grandes: Poden ir no asento de atrás ou no maleteiro.

Coidado cos freados bruscos

Non abonda con meter o animal no transportín ou no asento; a suxeición do propio sistema é vital:Suxeitar o transportín: Se vai no asento, debe estar fixado para que non saia disparado en caso de freada brusca e manque aos pasaxeiros.

Arnés en vez de colar: 

Se o can viaxa no asento con cinturón de seguridade, é obrigatorio usar arnés. Nunca se debe enganchar o cinturón ao colar, xa que unha freada podería causarlle lesións graves no pescozo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora