Masiva e histórica marcha en Vigo en defensa da sanidade pública

Masiva e histórica marcha en Vigo en defensa da sanidade pública

04 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo debe mover ficha tras a histórica manifestación de onte en Vigo. 200.000 persoas, segundo a Policía Local, participaron na marcha en defensa da sanidade pública e contra os recortes no novo hospital da cidade. Os manifestantes reclamaron a dimisión da conselleira de Sanidade. A marcha foi unha das máis numerosas da historia da cidade.

A polémica pola posta en marcha do Hospital Alvaro Cunqueiro arreciou tras a morte dunha muller de 65 anos, cuxas analises deron un resultado positivo para asperxilo.O SERGAS nega que o virus fose adquirido no Hospital de Vigo.

Segundo a plataforma SOS Sanidade, houbo incumprimento tanto das condicións da licitación como da construción do centro sanitario.

Sociedade