Master Class do baixista Pepe Bao en As Pontes

Master Class do baixista Pepe Bao en As Pontes

29 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

A xira galega do músico Pepe Bao recala en As Pontes este venres dia 1 de decembro para ofrecer unha "master class" a aqueles músicos ou afeccionados que queran asistir. O propio Bao é un virtuoso do Baixo pero tamén o bateria que o acompañárá é un virtuoso da percusión, o músico fenés, Miguel Lamas, afeito como Pepe Bao, a acompañar aos mellores que pasan por Galicia.

Pepe Bao é un virtuoso do baixo, un dos baxistas máis versátiles do panorama nacional. É o baixista de Raimundo Amador e colabora cos mellores. Do flamenco ao heavy, do metal aos ritmos latinos, todo cabe para este músico que se confesa autodidacta e que ás veces desperta abrazado ao instrumento. Pepe Bao comezou a tocar o baixo con 17 anos e non parou. Actualmente é membro do grupo andaluz O´funk´illo. Para asistir á sua clase  maxistral pódese reservar praza ata o día 1 ou conseguir a entrada o propio venres na casa Dopeso  dende as 6,30 da tarde. A entrada custa 3€.

Sociedade