Master Galego de Cross o domingo dez de febreiro

O edil de Deportes anunciou a inminente celebración da Gala do Deporte fenés
01 de Febreiro, 2019 - 11:19 h. | Publicada por Radio Fene

Descoñecemos a data da Gala do Deporte de Fene pero sabemos que quere recoñecer os méritos e traxectoria daquelas persoas que contribuiron de xeito decisivo ao longo destes últimos anos á promoción do deporte neste concello. En Barallobre (Fene) celebraráse o domingo dez de febreiro o Master Galego de Cross.

ESCOITA O PODCAST:
Recepción aos deportistas de Fene. 2017

A finais do ano pasado constituiuse o Consello de Deportes de Fene, un vello organismo desaparecido que volve ter un cometido, que o tecido social relacionado co deporte fenés participe nel como órgano consultivo. Ese é o desexo do edil de Deportes, Xoan Manuel Rodríguez Bastida quen anuncia xa tres iniciativas inmediatas, a primeira a impartición dos cursos de manexo dos desfibriladores e de resucitación cardiopulmonar no que participarán 40 persoas, principiando polo persoal do concello implicado directamente nas instalacións deportivas. A formación ampliarase despois aos centros escolares. "Para utilizar os desfibriladores non é imprescindible ter realizado ese curso" matiza Bastida.

As novas pistas de cross están a piques de inaugurarse co Master Galego de Cross, o domingo 10 de febreiro. Tanto nas pistas de cross como nas de atletismo, o concello instalará iluminación que permanecerá acesa ata as 12 da noite para facilitar os entrenamentos, así como unhas casetas para dar servizo a esa área deportiva en tempo de competicións. Descoñecemos de momento a data da Gala do Deporte,pero sabemos que quere recoñecer os méritos e traxectoria daquelas persoas que contriubiron de xeito decisivo ao longo destes últimos anos á promoción do deporte en Fene. Tamén se honrará aos deportistas e clubes destacados na pasada tempada. No eido de obras e medioambiente, areas de responsabilidade de goberno de Somos Fene, Rodríguez Bastida amosouse satisfeito coas obras levadas a cabo no río Cádavo ao seu paso por Perlío, porque son un exemplo, afirmou, de como pode embelecerse un pobo. A tres meses dunha nova campaña electoral, Somos Fene, aínda non ten nada decidido. En palabras do edil, teñen algunha proposta doutros grupos pero non decidiron nada. "Somos de esquerdas, galeguistas/nacionalistas e estamos aquí por Fene" afirmou Rodríguez Bastida.

Deportes

Publica o teu comentario agora