Mata a unha muller en Vigo e logo se suicida

Mata a unha muller en Vigo e logo se suicida

05 de Outubro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Unha muller duns 30 anos apareceu morta xunto á súa parella, un home duns 30, nun piso da céntrica rúa Fragoso, en Vigo. Todo apunta a un novo caso de violencia machista, no que o home matou á muller e despois suicidouse, deixando unha nota. 

Os efectivos de Emerxencias e da Policía Nacional que (tras o aviso dun veciño) se desprazáron á vivenda e atoparon os corpos acharon tamén a nota do home, na que confesaba que lle deu unha malleira á súa muller. O cadáver da muller foi achado dentro dun armario.
 
O novo caso sucede o día no que a caravana feminista da Marcha Mundial das Mulleres entrou en Galicia. Un concerto e as gaitas de Airiños de Fene serviron de benvida ás participantes na iniciativa que sairon hai meses do Kurdistan. A caravana pretende denunciar a pobreza e a violencia machista. 
 
Última parada, Vigo.
 
A Caravana Feminista, que vén de percorrer, dende o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres,  todo o territorio comprendido entre o Kurdistán e Galiza, chega a Vigo este sábado ás 12 da mañá onde será recibida, na Praza dos Cabalos. Como vai quedar na cidade olívica ata o domingo 11, celebraranse diferentes obradoiros, mesas de debate e música nunha carpa instalada no parque de Castrelos. O luns 12 partirá cara Tomiño e daí ata o acto de peche en Lisboa o día 17 de outubro, Día Internacional contra a Pobreza. Ata dentro doutros cinco anos non se celebrará unha nova Acción Internacional.
Sociedade