Matan a dous homes na súa vivenda en Xermade

Matan a dous homes na súa vivenda en Xermade

22 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

Xermade conmocionado pola morte dun home e do seu fillo. As primeiras sospeitas apuntan a un atraco, pero están abertas todas as posibilidades, segundo o subdelegado do Goberno en Lugo. As vítimas son Eulogio Hermida Rodríguez -de 51 anos- e o seu pai, Víctor Hermida Purriños, de 74. Unha muller -a esposa do segundo, identificada como Domitila Rodríguez Souto, de 77 anos- resultou ferida de gravidade e foi hospitalizada no Lucus Augusti. A súa vida non corre

O suceso aconteceu de madrugada na vivenda familiar. Ademais dos dous falecidos, no momento do crime atopábanse nela a muller do ancián e nai do outro falecido, que resultou ferida.

Os axentes continúan na casa situada na parroquia de Burgás tratando de recompilar probas que aclaren o acontecido. Polo de agora están abertas todas as posibilidades. Os investigadores apuntan a que pode tratarse dun atraco ou ben dun axuste de contas.

O matrimonio de anciáns levaba varios anos xubilado en Xermade despois de traballar nun posto na praza de abastos de Ferrol.

Os dous falecidos, de 74 e 51 anos, presentaban varias coiteladas. Os seus corpos foron atopados en distintos cuartos, tirados no chan. Foi un veciño quen avisou os servizos de urxencia arredor do mediodía.

O suceso

Os tres vivían sós na casa. Segundo as primeiras informacións, os dous homes morreron acoitelados. Os corpos tiñan varios cortes e golpes que se atribúen a unha arma branca.

O asalto produciuse sobre o seis da mañá, pero non se descubriron os cadáveres e á muller ferida até o once, cando un home os atopou dentro da casa, situada no lugar de Casasnovas, na parroquia de Burgás. Os autores do crime actuaron con bastante sixilo. Unha veciña que vive nas proximidades non se decatou do suceso até despois de que se deu a alarma.

Tamén morreron dous dos cans da familia. Os seus corpos foron atopados dentro da casa. Un terceiro salvouse. Estaba fóra.

Sociedade