ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os carlistas mataron a corenta persoas das aldeas de Gastrar e Vigo, de Boqueixón, o 8 de setembro de 1838. Ese grave suceso trátase no libro “Unha matanza esquecida” de Severino Fernández Abel. A matanza produciuse o Dia de Gundián, o 8 de setembro de 1838. Eliminouse á práctica totalidade dos cabezas de familia e os seus corpos enterraronse nas leiras en lugares sen identificar. Nesa zona funcionaba un Batallón de Voluntarios (ao mando do capitán Raviña) que apoiaba ao exército liberal.
A partir do “abrazo de Vergara” as familias das vítimas tiveron que aprender a convivir cos cómplices dos seus verdugos. Os estamentos oficiais non “honraron” aos falecidos nen cmpensaron aos familiares. A investigación oficial concluiu que Frei Saturnino Enriquez (frade da Orde Terceira de San Francisco de Melide) fora quen dirixira o ataque, xunto coa facción de Ramón Ramos. Non deu con eles nen se identificou aos restantes atacantes. A forte crueldade na incursión, provocou un problema económico moi grande despois da guerra, porque na poboación que sobreviviu prendeu un medo atávico que lles impedía traballar as terras, nas que era frecuente a aparición dos restos humanos dos seus familiares.
Publica o teu comentario agora