ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Matar as horas de nostalxia” foi o detonante creativo para que Castelao puxera negro sobre branco a que é, con toda seguridade, unha das obras teatrais máis representadas en Galicia, Os vellos non deben namorarse. Esta peza é unha traxicomedia dividida en tres lances e na que tres vellos -o boticario don Saturio, o fidalgo don Ramón e o rico herdeiro señor Fuco- namóranse de quen non deben, tres rapazas novas casadeiras -Lela, Micaela e Pimpinela. A única obra teatral de Castelao nace en New York froito da morriña de Castelao pola lonxanía da Galiza, e estreouse en Buenos Aires. Emisoras Municipais Galegas coa colaboración da Deputación da Coruña converteuna nun podcast que se presentará este venres en Maniños. Castelao foi escritor, humorista, artista e político.
Matar as horas de nostalxia, Podcastelao poderá escoitarse a partir do luns 24 de novembro, todos os dias ás 9 da mañá, ás 11 e as tres da tarde. Eugenia Sanmartin dirixiu os 16 episodios desta iniciativa de homenaxe a Castelao e a “Os vellos non deben de namorarse” con guión de Antonio Tizón e banda sonora de Antón Ramos.

"Matar as horas de nostalxia, Podcastelao" poderá escoitarse a partir do luns 24 de novembro, todos os dias ás 9 da mañá, ás 11 e as tres da tarde. Eugenia Sanmartin dirixiu os 16 episodios desta iniciativa de homenaxe a Castelao e a “Os vellos non deben de namorarse” con guión de Antonio Tizón e banda sonora de Antón Ramos. Participaron como actores e actrices Rogelio Arias, Sonia Parra, Antón Cortizas, Mariola Hermida, Carme Romero, Helga Mëndez, Ana Santiago, Vicky Sas, Odoluscofusco, Angel Simón e Manolo Bacalhau
Na imaxe un momento da gravación de Matar as horas de nostalxia, Podcastelao
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora