Matar as horas de nostalxia

Matar as horas de nostalxia
24 de Novembro, 2025 - 11:57 h. | Publicada por Radiofusión

 “Matar as horas de nostalxia” foi o detonante creativo para que Castelao puxera negro sobre blanco a que é, con toda seguridade, unha das obras teatrais máis representadas en Galicia, Os vellos non deben de namorarse. Esta peza é unha traxicomedia dividida en tres lances e na que tres vellos -o boticario don Saturio, o fidalgo don Ramón e o rico herdeiro señor Fuco- namóranse de quen non deben, tres rapazas novas casadeiras -Lela, Micaela e Pimpinela. A única obra teatral de Castelao nace en New York froito, como deciamos, da morriña de Castelao pola lonxanía da Galiza, estreouse en Buenos Aires e agora convertémola, por vez primeira, nun podcast para emisión radiofónica e tamén a través da internet, unha obra teatral galega e en galego a disposición do mundo. A proposta, impulsada por Emisoras Municipais Galegas coa colaboración da Deputación da Coruña, foi un xeito máis, neste caso a través de fórmulas radiofónicas, para contribuír a seguir a dar a coñecer a obra do escritor, artista e político Alfonso Daniel Rodriguez Castelao.   

 

ESCOITA O PODCAST:
Gravación do podcast

Miñas donas e meus señores: axiña van escoitar un podcast en dezaseis capítulos que contará cun equipo técnico e artístico de vinte persoas con guión de Antonio Tizón, banda sonora de Antón Ramos e dirección de Eugenia Sanmartin.. Queremos render tributo a Alfonso Daniel Rodriguez Castelao e á súa obra "Os vellos non deben de namorarse". 

Interpreta unha versión da Rianxeira, Jokin Goenaga e interveñen como actores e actrices por orde de aparición: Rogelio Arias, Sonia Parra, Antón Cortizas, Mariola Hermida, Carme Romero, Helga Méndez, Ana Santiago, Vicky Sas, Odoluscofusco, Angel Simón e Manolo Bacalhao. No apartado técnico Lorena Teijeiro, Luis Caldevilla e Xavier Fernández.

 

Fotografía: Xan xe

Cultura

Publica o teu comentario agora