Mateo, Daniel e Ester

Parece que os labios moven
14 de Setembro, 2018 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

“Védeos, parece que os labios moven, que falan quedo os uns cos outros, e aló na altura do ceu a música vai dar comenzo, pois os glorioso concertadores tempran risoños os instrumentos” A obra  excelsa do Mestre Mateo, o Pórtico da Gloria, inspirou a Rosalía de Castro eses fermosos versos.  Mateo era de Lugo, segundo apunta nos seus estudos Xosé Filgueira Valverde.

Dise que ao principio, Mateo retratouse no tímpano central á beira de Deus, pero, que nunha visita do Bispo ás obras, preguntándolle a quen representaba tal figura, recriminoulle a súa falta de humildade. Arrepentido, decidiu eliminala, e retratouse nunha actitude máis sumisa: de xeonllos e na parte posterior do Pórtico. Cos anos, esta figura, sería denominada o santo dos croques e dise que despois de pousar a man na parte de diante, na árbore de Jesse, onde hai unha marca de cinco dedos que se ha ir facendo ao longo dos séculos polos millóns de peregrinos que alí a puxeron, hai que darse tres golpes contra a fronte do mestre para que nos transmita a súa sabedoría.

Ester estaba representada con voluptuosidade. Ao decatarse a Igrexa de tal ousadía, fixeron rebaixar as formas da muller, aínda que o sorriso de Daniel, Danieliño, perdurase no tempo, do mesmo xeito que as coloradas fazulas da bela dama. Dise tamén, que os labregos galegos, para mofarse da igrexa, inventaron un queixo con forma de atributo feminino ao que chamaron, tal e como hoxe o coñecemos, queixo de tetilla, segundo apunta Pérez Lugín en “La casa de la Troya”.

Esther é xustamente célebre polo  traxe e a fermosura de fidalga galega, sen dúbida de ollos verdes e grave pelo loiro. A estatua de Esther pode ser a raiña Lupa e a de Judith a de dona Urraca. Os dous sorrisos de Daniel e Xoan cruzan o pórtico como privilexios de xuventude. Tamén a mocidade imberbe de Daniel, en cuios beizos a pedra sorrí mentras os pés parecen iniciar un paso de gozosa danza, segundo indica Otero Pedrayo na súa Guía de Galicia.

O Pörtico da Gloria,  a expresión máis xenial do arte cristián do medievo. As xentes sinxelas o aman, o veneran e o sinten dramaticamente. No Pórtico da Gloria, o Mestre Mateo desenvolveu un complexo programa iconográfico de contido apocalíptico e salvífico centrado na visión da Xerusalén celeste, completando a historia da salvación do home iniciada nas portadas laterais da catedral románica.

Seguro que che interesa
Sociedade