ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os cociñeiros Amara Méndez e Javier Oseira decidiron emprender no rural facendo uso da materia prima excepcional da gastronomía galega. Os seus pratos poden degustarse en Finca Goleta situada en Foz. Falamos con eles en Onda ODS.
Esta parella de cociñeiros voltou ás súas orixes para poñer en valor a gastronomía da zona. Unha materia prima excepcional é a base dos pratos típicos elaborados con produtos de tempada e de proximidade. Hóspedes, veciños e forasteiros saborean unha experiencia única descubrindo a autenticidade dos recursos, potenciando a súa conservación e revitalizando a natureza. En Onda ODS desprazámonos ata o restaurante de Finca Goleta, un edificio construído no século XIX nun fermoso entorno natural en Foz, na Mariña luguesa.
Na imaxe, bacalao ao pil pil, unha das especialidades do restaurante Finca Goleta.
Publica o teu comentario agora