Materialízase a ruptura do pacto de goberno en Fene

Materialízase a ruptura do pacto de goberno en Fene

01 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O voceiro do grupo municipal do BNG de Fene presentou esta mañá no Rexistro Municipal toda a documentación coa renuncia dos concelleiros nacionalistas, trala ruptura do pacto de goberno PSOE-BNG confirmada onte.

Ás portas do Concello, Manuel Polo asegurou que o Bloque asume dende hoxe o seu papel na oposición, como segunda forza política municipal, e que en ningún momento se está a barallar a posibilidade de presentar unha moción de censura contra os socialistas.  

O voceiro do BNG instou ao Alcalde a axilizar o proceso de delegación das concellerías que ate o de agora, no actual mandato, presidiron os edís nacionalistas (Igualdade e Benestar, Cultura e Ensino, Seguridade Cidadá, Mantemento e Servizos e Promoción Económica).

A previsión é que xa no pleno de mañá, na sesión ordinaria do mes de Xullo, se dea conta dos novos nomeamentos, que ao longo desta mañá estiveron perfilando nunha xuntanza os membros do grupo socialista.

Institucional