ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Apoio ás familias e acompañamento nas situacións que o necesiten. Bríndalles apoio o Concello de Fene a través do programa de intervención familiar, que explicaron Pilar Couce, coordinadora do departamento de Benestar Social e Igualdade, e a traballadora social Adelaida Abad. “Un traballo sempre delicado porque entras no ámbito privado e hai que fiar moi fino para facer unha boa diagnose”, reflexiona Adelaida.
A través do programa de intervención familiar, o Concello dá “apoio socio educativo para reforzar o benestar de nenos e nenas, que son as persoas vulnerables”, apunta Pilar Couce. Este programa de intervención familiar pon a disposición das familias distintos servizos como mediación en casos de conflito, asesoramento en temas legais, intervención en situacións de malos tratos, ou derivación a programas de saúde mental, por exemplo.
“É importantísimo que a familia pase a ser suxeito activo, que asuman o reto de vivir un proceso de cambio, o traballo que facemos nós basicamente é de acompañamento, apoio e de seguimento, pero os protagonistas sempre van ser eles”, detalla Adelaida. Algunhas persoas chegan ao programa por iniciativa propia, outras veñen derivadas por outros servizos, como colexios ou centros de saúde. O Concello de Fene conta cos recursos, aínda que non todo o mundo os coñece e sempre o primeiro paso é que a familia sexa consciente da existencia do problema, indica a coordinadora do departamento de Benestar Social e Igualdade, Pilar Couce.
Publica o teu comentario agora