ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Barallobre ten un tempo de espera ata unha nova "medición da tensión arterial" que terá lugar o mércores co partido Vilarmaior- Eume B, que estaba marcado inicialmente para onte domingo pero que se aprazou polas malas condicións que presentaba o terreo de xogo. O partido disputarase o mércores 28 de febreiro ás oito e media da tarde no campo da Gándara de Pontedeume.
O Barallobre agarda polo resultado dese partido, xa que del depende en boa medida, as súas posibilidades de meterse na fase de ascenso. Na actualidade o equipo do Ramo é terceiro con 40 puntos. O Eume é cuarto -pero cun partido menos- empatado a trinta e oito puntos co Cariño na quinta posición. A segunda e a terceira praza dan dereito a pasar á fase de ascenso. Na última xornada da fase, o Barallobre recibe ao Narón O Freixo, o Eume B xoga co Moeche, o Cebarca co Vilarmaior e o Cariño co Mandiá. Onte domingo, Moeche 0 - 3 Barallobre.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora