As medidas anti crise centraron o pleno de Fene

As medidas anti crise centraron o pleno de Fene

04 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A subida do IVE vai retraer o consumo. É o argumento esgrimido polo grupo municipal do PP no pleno de Fene, onde presentou unha inciativa encamiñada a pedir ao goberno central que retire a medida. Os populares aceptaron unha enmenda do BNG que concretaba un pouco máis as medidas no sentido de que o que máis gaña que pague máis. A moción prosperou co apoio destes dous grupo e de EU. Os socialistas defenderon a necesidade de subir o imposto neste momento de cri

 En toda a sesión planearon as ultimas medidas do goberno, saíndo a relucir a conxelación das pensións porque os populares presentaron outra moción pedindo a retirada da medida, ou os recortes salariais aos funcionarios que o BNG levaba noutra moción. En todas elas os socilistas quedaron sós. O portavoz nacionalista aportou unhas cantas medidas alternativas para aforrar no gasto público diferentes ás adoptadas polo goberno que só gravan, afirmou Manuel Polo, aos máis humildes: os empregados públicos, os pensionistas e os concellos.
Falou da supresión dalguns ministerios, a supresión das deputacións, a reforma fiscal, a reducción do gasto militar  ou a loita contra o fraude fiscal. EU compartiu totalmente a iniciativa do BNG, cifrando o gasto militar español en 18.000 millóns de € e apostillando que a Igrexa recibe 7.000 millons de € anuais. O PP deu outra cifra, Gumersindo Galego afirmaba que onde o goberno socialista crea 5 mil de postos de traballo, destrue 35 mil. Os socialista defenderonse afirmando que o gasto social do goberno Zapatero é o 50% maior que cando goebrnou Aznar e que este goberno subiu o salario mínimo sempre por riba do IPC. Afirmou Puentes. “A mín que non me volvan ao ano 2004”.
O unico punto no que todos os grupos estiveron dacordo foi na iniciativa do BNG urxindo a depuración da ría. Manuel Polo demandou que a depuración da zona sur da ria estea lista no 2001 e a do norte no 2012.
Todos tamén apoiaron a iniciativa do Bloque de atender e asesorar ao propietario da vivenda de Barallobre que sofríu o impacto de dous coches en pouco tempo. O Bloque demandou que tráfico e a policia local fagan un seguimento do tráfico na zona, a caron da Farmacia de Barallobre, por se debera modificarse o trazado dalgún xeito para evitar máis sinistros.

Sociedade