ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Concello e Deputación financian unha obra de humanización que inclúe a construcción de beirarrúas e un aparcadoiro, así como a mellora do alumeado. A céntrica rúa de Rosalía de Castro en Arcade será obxecto dunha importante actuación dotada cun orzamento de 500.000 euros, dos cales a corporación provincial aportarán 350.000 mentres que o municipio asumirá os 150.000 restantes.
As obras comezarán no tramo comprendido entre Xosé Solla e Alfonso Castelao, coa construcción de beirarrúas cun ancho de entre 1,80 e 2,35 metros, pavimento de granito e xardineiras. Acondicionarase ademais un aparcamento de vehículos nun dos sentidos da circulación.
Outra das actuacións incluídas no proxecto afectará ao tramo entre Alfonso Castelao e a Estación, onde se construirán beirarrúas de 1’80 metros de ancho, unha parada de taxis de dous metros e calzada de circulación de 6’50 metros.
Estes traballos obrigarán a restrinxir o tráfico durante os meses que duren as obras, que se aproveitarán para realizar outras actuacións como a reforma da rede de saneamento, a instalación de gas e o soterramento das liñas eléctricas de media e baixa tensión.