Medio Rural inspecciona a nova oficina de Servizos Agrarios en Guitiriz

Medio Rural inspecciona a nova oficina de Servizos Agrarios en Guitiriz

10 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Delegado Provincial de Medio Rural, Emilio López Pérez, visitou hoxe as novas instalacións dos Servizos Agrarios Comarcais do Concello de Guitiriz. O centro, que se atopa operativo desde o pasado venres, era a antiga cámara agraria da vi

Esta nova infraestrutura conta con dúas plantas de 82 metros cadrados. Na planta baixa se sitúan as oficinas de atención ao público, mentres que no primeiro piso hai espazo para dous despachos e un pequeno salón de reunións. O centro está dotado dunha caldeira eléctrica que facilitará calefacción por solo radiante. O antigo centro de inseminación que se atopaba na parte traseira do edificio foi transformado nun garaxe que pode aloxar ata catro vehículos, con dúas prazas tapadas e dúas descubertas. O presuposto total da remodelación do inmoble foi de preto de 82.000 euros.

Na Oficina do Servizo Comarcal de Medio Rural en Guitiriz traballarán cinco persoas, tres técnicos e dous administrativos. Divídese en dous departamentos, un dedicado ao sector gandeiro e outro ao agrario. Neste centro se tramitan axudas, altas e baixas de gando, o servizo de extensión agraria, etc, dos concellos de Guitiriz, Rábade, Begonte e Xermade.

Sociedade