Medio Rural investiu máis de 70 millóns de euros nas comarcas de Verín e Viana

Medio Rural investiu máis de 70 millóns de euros nas comarcas de Verín e Viana

02 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A Consellaría do Medio Rural investiu un total de 70.905.000 euros nos 12 concellos que conforman as comarcas de Verín e Viana --Laza, Castrelo do Val, Riós, Vilardevós, Verín, Oímbra, Monterrei, Cualedro, Vilariño de Conso, Viana do Bolo, A Mezquita e A Gudiña-- nesta lexislatura. O titular do departamento autonómico, Alfredo Suárez Canal, visitou esta mañá os municipios de Monterrei e Verín, nos que os inves

Neste sentido, o conselleiro referiuse ao conxunto de medidas realizadas en Galiza neste eido durante a lexislatura, que incluíron obras de mellora e de apertura de novas pistas en máis de 7.261 quilómetros, así como desbroces e limpezas noutros 11.660 quilómetros. En prevención de loita contra incendios forestais, creáronse 146 novos puntos de auga e realizou obras noutros 274; creou 17 novos puntos de encontro e mellorou outros 72 e, por último, actuou en 133 casetas de vixilancia e en 14 das 15 bases aéreas existentes. O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, visitou os traballos na base de helicópteros de Vilamaior, en Verín e nas plantacións de monte mixto realizadas no monte comunal de Mourazos-Tamagos.
Institucional