Medio Rural reúnese cos propietarios da concentración parcelaria de Mercurín- Lesta II

Medio Rural reúnese cos propietarios da concentración parcelaria de Mercurín- Lesta II

28 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A Escola de Mercurín (Ordes A Coruña) acollerá mañá, venres 29 de outubro, a partir das 10:00 horas unha reunión convocada pola Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural dirixida aos propietarios da zona de concentración parcelaria de Mercurín- Lesta II. O obxectivo da xuntanza é informar aos propietarios sobre o proxecto das novas fincas de reemprazo e ademais, procederase á entrega das fichas de atribucións de cad

Tras esta reunión, está previsto que os planos da concentración parcelaria estean expostos na Escola de Mercurín e no centro social de Lesta. Xa o pasado luns o Concello de Ordes acolleu a celebración do pleno da Xunta local desta concentración parcelaria, no que se tratou o informe do proxecto de camiños e o informe do proxecto da concentración. Esta concentración parcelaria conta con preto de 800 propietarios.

Sociedade